Monday 29 de April de 2024

O Boudsport toca podio no Campionato de España


 

Tres dos taekwondistas do club Boudsport que esta fin de semana acudiron aos campionatos de España cadete, júnior e sub 21 terminaron subidos ao podio. Trátase de Mateo Boudjenane, bronce na categoría cadete, e Daniel Mosquera e Sara Gacio, ambos tamén bronces na categoría sub 21. Por outra banda, Sara Soneira rematou quinta clasificada no grupo das cadetes.

Se falamos de federacións a galega foi a clara dominadora deste campionato disputado en Valladolid. Alí proclamouse campioa nacional nas categorías júnior e sub 21. Unha vitoria que a coloca como tricampioa despois de vencer no grupo sénior.